займ срочно

Santiago presenta Igualdade Ilustrada, 28 retratos de mulleres referentes

0

Compostela, 13 de xuño do 2017 – A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou os catálogos Igualdade Ilustrada, que o Concello editou en colaboración con Promove, o IES de Sar e o CIPF Compostela.

Luz Fandiño diante do seu retrato

Luz Fandiño diante do seu retrato

No acto, que tivo lugar no Salón Vermello do Concello, estivo acompañada por Carmela Romay, coordinadora da selección de retratos e portada do IES de Sar; Anxo Jamardo, coordinador do traballo de edición do CIPF Compostela, e Luz Fandiño, en representación das mulleres retratadas.

Marta Lois explicou que igualdade ilustrada é “unha homenaxe ás mulleres que forman parte da nosa historia, rescatándoas do esquecemento e recuperando a súa presenza no espazo público”. Para a concelleira de Igualdade “é fundamental promover este tipo de iniciativas entre a xente moza, que é onde estamos a observar un repunte das actitudes machistas e súa normalización”.

Recicla o xénero

Esta actividade de ilustración enmárcase dentro do programa da Concellería de Igualdade que leva por nome Recicla o xénero, nacida co obxectivo de sensibilizar as novas xeracións sobre a igualdade de xénero. Teatro, charlas, concursos ou obradoiros foron algunhas das actividades realizadas ao abeiro deste programa en colaboración con distintos centros da cidade.

En total, os alumnos e alumnas de ambos centros, que estiveron presentes no acto e recibiron cadanseu catálogo, realizaron 28 retratos de mulleres nas artes, na música, na ciencia e nas letras. Así, as mulleres protagonistas foron: Annie Leibovitz, Camille Claudel, Dora Maar, Frida Kahlo, Georgia O‘Keeffe, Machiko Hasegawa, Margaret Marley, María Blanchard, Sofia Adlersparre, Yayoi Kusama, Ainhoa Arteta, Alma Mahler, Clara Schumann, María Callas, María Joao Pires, Montserrat Caballé, Gloria Fuertes, Rosalía de Castro, Luisa Villalta, Luz Fandiño, Josefina Castellvi, Jocelyn Bell, Hipatia, Ada Lovelace, Barbara McClintock, Jane Goodall, Marie Curie e, como persoa anónima, Laudina Vázquez García.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies