O Santiago Rugby gaña ao Muralla RC

0

Compostela, 6 de decembro do 2017 – O Santiago Rugby Club segue en esta tempada crecendo e afianzándose como un gran equipo coa vitoria diante do Muralla RC, 21 a 12.

Santiago Rugby versus Muralla RCNa oitava xornada de LG2 o Santiago RC enfrontouse ao Muralla RC de Lugo en Marrozos, cunha boa entrada no campo. O esforzo inicial dos de Santiago definirían ao remate o resultado do encontro que lles permite manterse na segunda posición da taboa.

Os de Santiago empezaron o partido metendo presión aos visitantes e grazas a iso conseguiron un primeiro ensaio que abría o marcador, a partir de aquí e ata o descanso os locais conseguiron seguir ampliando o resultado ata chegar ao 18-0 do fin da primeira parte.

Despois do descanso os de Lugo cargaron as pilas de tal forma que conseguiron mediante dous ensaios apertar o marcador, pero un golpe de castigo pasado polos de Santiago ampliou a distancia dos locais deixando xa o resultado definitivo.

Esta vitoria permite ao SRC ampliar ata cinco puntos a distancia co Muralla RC, terceiro clasificado neste momento.

Anotaron polo Santiago RC Gordón, Tirso e Valdivia 1 Ensaio e Fikre 2 Golpes de castigo.

O vindeiro sábado ás 16:00 os composteláns enfrontaranse en Acea dá Ma (Culleredo) ao CD Zalaeta, equipo tamén da zona alta da clasificación.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies