O Santiago Rugby Club gaña en casa ante o Zalaeta

0

Compostela, 10 de outubro do 2017 –  Segunda xornada da LG2 e primeira vitoria para o Santiago Rugby Club que venceu ao Zalaeta por 48 a 32

Imaxe de Patricia Iglesias Millares de https://www.rugbyencompostela.com/

O campo de Marrozos tivo moi boa entrada para presenciar o partido contra o Zalaeta, un publico que no descanso puido disfrutar dunha exhibición dos cativos da escola de rugby do club.

Os locais do Santiago Rugby comezaron levando a iniciativa e xogando en campo contrario pero non serían os primeiros en marcar. Un contraataque ben levado por Zaleta abriu o marcador. Os puntos do contrario no canto de ser un lastre serviu de acicate para que os composteláns envorcásense sobre a 22 rival e conseguisen darlle a volta ao marcador.

A partir de aquí os de Santiago manterían a dianteira no marcador pero sempre que anotaban, os coruñeses respondían con puntos mantendo unha curta distancia que fixo que o partido fóra moi emocionante ata o asubío final.

Destacaron por parte dos locais Valdivia con 5 ensaios e Fikre convertendo os 8 tiros a paus que tentou e por parte dos visitantes Richar que liderou con acerto a súa dianteira.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies