займ срочно

Victoria con esforzo do Santiago Rugby ante o kaleido de Vigo

0

Compostela, 6 de novembro do 2017 –  O santiago Rugby Club continúa o seu camiño na LG2 e esta fin de semana enfrontouse ao Kaleido Universidade de Vigo B.

Un partido celebrado no CUVI de Vigo que rematou cun axustado Santiago Rugby 25 Kaleido 31.

Os de Santiago abriron o marcador aos poucos minutos de iniciado o partido, pero o que parecía poder ser un encontro cómodo para os visitantes converteuse nun disputado combate, con alternativas no marcador e no que o gañador podía ser calquera dos dous equipos.

Nos minutos finais a xornada decantouse cara ao Santiago rugby grazas a dous ensaios en xogo dinámico da tres cuartos visitante, aínda que o equipo vigués do Kaleido dispuxo dunha última posesión coa que darlle a volta ao marcador, pero unha férrea defensa dos de Santiago conseguiu que finalizase o tempo regulamentario sen variación no resultado.

Anotaron polo Santiago RC Valdivia dous ensaios, Kai, Amaro e Claviculas un ensaio e Fikre dous golpes de castigo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies