O Santiago Rugby segue gañando, esta fin de semana en Ourense

0

Compostela, 14 de novembro do 2017 –  Na sexta xornada da LG2 o Santiago RC enfrontouse ao Ourense B, filial do equipo de División de Honra B, en Marrozos, gañando os de casa por 51 a 5.

Aínda que o SRC partía como favorito a priori, unha vez soado o chifre o equipo local arrincou cometendo máis erros dos habituais. Golpes de castigo en contra e erros á man foron a tónica dos primeiros minutos que permitiron a Ourense sacudirse a presión local inicial.

Ao pouco tempo a disciplina foi calando nas filas santiaguesas e iso empezou a dar os seus froitos.  O SRC xa se estaba impoñendo no xogo grazas ao traballo dunha dianteira solvente nas fases de melé e astuta en saques de lateral cando o colexiado expulsou con cartón vermello a un xogador rival por placaje perigoso.

Esta inferioridade numérica foi letal para os visitantes que a pesar de non renderse e mesmo estrear o seu marcador finalmente nada puideron facer para evitar a avultada vitoria local por 51 a 5.

Anotaron polo Santiago RC Kai tres ensaios, Brais, Tirso, Valentin, Carlos e Manu un ensaio e Fikre un ensaio e tres transformacións.

Ao finalizar esta xornada o SRC esta terceiro na clasificación xeral, empatado co segundo, Fendetestas das Pontes, e a dous puntos do primeiro, Muralla de Lugo, pero cun partido disputado menos que o líder.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies