займ срочно

O Santiago Rugby Club xogará o play off polo título de liga

0

Compostela, 28 de febreiro do 2018 – O Santiago Rugby Club rematou a tempada regular en terceira posición o que lle permite participar nos play off polo título da liga.

A decimocuarta xornada da Liga galega 2 enfrontou ao Santiago RC co Barbanza RC, de Rianxo, ao que gañou 53 a 14 no campo de Marrozos, que tivo unha boa entrada de público.

Os de Santiago empezaron o partido metendo presión aos visitantes e grazas a iso conseguiron abrir o marcador cun golpe de castigo e a continuación con tres ensaios. Con estes tantos conseguiron chegar ao minuto 25 cun resultado favorable de 22-0. A partir deste momento o Barbanza RC empezou a despregar un gran xogo que lle permitía realizar un ensaio de tal forma que se chegaba ao descanso co resultado de 22-7.

A segunda parte empezou como termino a segunda, con dominio dos visitantes ata alcanzar un segundo ensaio transformado que apertaría o marcador, pero esta xogada no canto de afundir aos de casa, valeu para todo o contrario, espertar aos de Kiko López. O adestrador local refrescaba o Santiago con varios cambios ao seu equipo. O relevo fixo quer pasaran a dominar conseguindo cinco novos ensaios, que levarían ao resultado final do partido de 53-14.

Esta vitoria permite ao Ssantiago RC confirmar a terceira praza por detrás do CD Zalaeta de Arteixo, que será o seu rival nas semifinais polo título de liga. A outra semifinal enfrontará ao campión da fase regular, CR Fendetestas das Pontes contra o cuarto clasificado Muralla RC de Lugo.

Anotaron polo Santiago RC Claviculas 2 ensaios, Tirso, Manu, Miguel, Brais e Valdivia 1 Ensaio e Fikre 1 ensaio, 5 Transformacións e 1 Golpe de castigo. Anotou por Barbanza RC Hugo Lojo 2 ensaios e 2 Transformacións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies