займ срочно

O Santiago Rugby Club organizou un ano máis o memorial “Chichón”

0

Compostela, 22 de maio do 2017 – Santa Isabel acolleu o pasado sábado a terceira edición do memorial “Chichón”organizado polo Santiago Rugby Club.

Como vén sendo tradición rememorouse a figura de Jose Manuel Gándara Vila, destacado rugbier compostelán que militou moitos anos nas filas do equipo universitario da cidade (CDU).

Este memorial a servido ademais para consolidar o novo proxecto do rugby na comarca que baixo o nome de “Rugby en Compostela” (REC) engloba ás tres asociacións que ofertan rugby na área de Santiago.

Deste xeito desde as 15h puideron verse en Santa Isabel a todas as categorías en acción:

* Un partido entre o equipo feminino “REC Santiago Rugby Club” e un combinado da Escola “REC Dominos pizza”.

* Unha exhibición dos máis pequenos da Escola de “REC Valentes”.

* Un amigable do equipo senior masculino de “REC Santiago Rugby Club” co equipo de Fendetestas das Pontes.

* Un partido amigable de veteranos entre o “REC veteranos do CDU” e Melgachos de Vigo.

A concelleira de deportes Noa Morais acompañou tamén coa súa presenza e puido comprobar o ben que o pasaron os máis pequenos da Escola cando xogaron un intre cos veteranos ou o debut de dous mozos xogadores da Escola, Álvaro e Santi ambos sub 18, co equipo senior demostrando que xa están listos para dar o salto de categoría en breve.

Fin de semana cheo de emoción, reencontro de vellos amigos e bo rugby.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies