займ срочно

Remata a segunda fase na procura de candidatos a reformar a depuradora de Santiago

0

Compostela, 16 de xullo do 2020 – O Consello de Administración de  ACUAES ven de pechar a segunda fase do diálogo competitivo para a presentación de ofertas de cara a reforma e ampliación da depuradora da Silvouta en Santiago.

Son catro empresas as que terán que presentar ofertas nun prazo de dous meses: U.t.e. Drace infraestructuras, s.a. – vías yconstrucciones, s.a; U.t.e. Ferrovial agromán, s.a. – cadagua, s.a. – c. Ramon vázquez y reino, s.l.; U.t.e. Suez treatment solutions, s.a.u. – aquambiente, servicios para el sector del agua, s.a.u e U.t.e. Gs inima environment, s.a. – s.a. De obras y servicios, copasa – pesa medioambiente, s.a. Una delas será a que finalmente reforme a EDAR de Santiago.

Remata a segunda fase na procura de candidatos a reformar a depuradora de SantiagoO diálogo competitivo é un procedemento de contratación previsto na Lei de Contratos do Sector Público que permite atopar a solución innovadora que mellor se axuste ás necesidades e condicións específicas do proxecto, cuxo obxectivo é realizar un tratamento eficiente das augas residuais da cidade en cumprimento cos requirimentos de vertedura ao río Sar esixidos pola normativa vixente.

Unha vez valorados os proxectos preliminares presentados polas nove UTE na primeira fase do procedemento de dialogo competitivo, resultaron seleccionados estes catro candidatos, que accederon á seguinte  fase do procedemento. Tras comprobar a Mesa Especial de Dialogo Competitivo o cumprimento das condicións dispostas, corresponde ao Consello de Administración de  ACUAES, como órgano de contratación, o peche do dialogo competitivo e a invitación para presentar as ofertas técnicas e económicas. Para iso os candidatos dispoñen dun prazo de dous meses.

Coa presentación das ofertas culmínase o procedemento que permite definir a solución óptima á depuración de Santiago de Compostela. Para posibilitar o seu desenvolvemento por  ACUAES, está pendente de subscribir un convenio coas administracións interesadas que dispoña a fórmula de financiamento que o faga posible.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies