10 locais optan ata o domingo ao Santiago(é)Tapas

0

Compostela, 4 de decembro do 2018 –  A undécima edición do concurso Santiago(é)tapas xa ten dez tapas finalistas, escollidas polo xurado profesional, entre as 101 propostas dos 68 locais participantes, na primeira parte do concurso.

As tapas que se miden na gran final son:

– Castañas e mexillóns, de O Ferro.

 

– Ramen xaponés que se volveu galego (chegar e encher), de Izakaya Markesa.

 

– Montadiño Tenreira-Arzúa-Ulloa, de A Viaxe.

– Cilindro do lombo baixo vitela galega con dado de pataca e queixo, de A Nave de Vidán.

– Lacón + castañas + San Simón, de A Tasquiña de San Pedro.

– Croqueta, de Artesana.

– Pan de palleiro, de Solleiros.

– Mexillón recheo, cristal de castaña e fabas con pataca codium, de El Bocalino.

– Ostra en escabeche, de A Ostrería.

– Pataca Quechola, de Doña Ana.

 

 

En esta gran final, que dura ata o domingo, os establecementos finalistas ofrecerán a súa tapa ao público. A votación popular destes tres días unirase á valoración dun novo xurado profesional para outorgar os premios desta edición, que serán entregados nunha festa de entrega de premios o 18 de decembro: o Primeiro Premio Santiago(é)tapas, dotado con 1.000 euros; o Segundo Premio Santiago(é)tapas, con 500 euros, e o Terceiro Premio Santiago(é)tapas, con 500 euros en produto.

Ademais, o público premiará directamente cos votos xa emitidos entre o 15 de novembro e o 2 de decembro a dúas tapas. A Primeira Tapa do Público recibirá 700 euros e a segunda, 300 euros. Finalmente, o premio Premio(é)tapas+, de 700 euros, outorgarase á persoa ou colectivo que mellor difusión faga do concurso a través de Facebook e Instagram.

Por cuarta edición consecutiva, Santiago(é)Tapas está organizado de modo conxunto por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalaría Compostela, nun modelo de coparticipación entre o Concello e o sector privado da cidade. Conta con Mahou como patrocinador principal, o copatrocinio xa tradicional de Cash Récord e Coca Cola, e a colaboración institucional da Deputación da Coruña.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial