Compostela, 1 de novembro do 2017 – Onte era presentada a décima edición de SantiagoÉtapas que este ano crece en locais e en rutas.

O cociñeiro Jorge Gago, do restaurante A Maceta, preparou en directo na praza Roxa a tapa gañadora do Premio do xurado da edición de SantiagoÉtapas 2016, “Xurelo San Simón”. Con esta acción na rúa, no que participou a concelleira de Turismo, Marta Lois, anunciouse o comezo do concurso que terá lugar do 2 ao 19 de novembro, a concelleira falaba dun concurso consolidado que o ano pasado repartiu máis de 30.000 tapas

 

As novidades

Nesta décima edición de Santiago(é)tapas, evento xa consolidado tanto entre o público como entre o propio sector da restauración da cidade, introdúcense dúas novidades que pretenden facer máis sinxela a participación no concurso. Modifícase o Tapasporte, que pasa de ser un libriño a ser un despregable similar á credencial do Camiño. E amplíase o número de rutas de tapas de cinco a seis, de tal xeito que sexa máis sinxelo rematar unha ruta, ao contar con menos locais.

Ademais, nesta décima edición, as rutas noméanse cos diferentes Camiños de Santiago: Camiño Portugués, Camiño Sueste, Camiño Primitivo, Camiño de Fisterra-Muxía, Camiño Inglés e Camiño Francés. Deste xeito faise máis patente o vínculo orixinario de Santiago(é)tapas entre a peregrinación a Santiago e unha peregrinación gastronómica polos locais da cidade.

A décima edición do concurso continúa mantendo un número moi elevado de locais participantes. Neste caso participan 70 locais, que ofertarán 101 tapas distintas, todas a un prezo único de dous euros e medio. O público participante poderá puntuar as tapas que probe, así como a experiencia global no local. Entregaranse premios ao público en función do número de rutas completadas.

Por terceira edición consecutiva, Santiago(é)tapas está organizado de modo conxunto por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela, nun modelo de coparticipación entre o Concello e o sector privado da cidade. Este ano conta por primeira vez con Mahou como patrocinador principal e co patrocinio xa tradicional de Cash Récord, Coca Cola. Conta tamén coa colaboración institucional da Deputación da Coruña.

 

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies