Denuncian o saqueo do Centro Ictioxénico de A estrada

0

A Estrada, 29 de novembro do 2017 – O  BNG de A Estrada denuncia o deterioro progresivo e o saqueo que está a sufrir o Centro Ictioxénico no que se investiu perto de 600.000 euros.

O Centro Ictioxénico situado entre as parroquias de Couso e Cora, ao pé do río Ulla, naceu para repoboar os ríos de troita e salmón, é , como explica o BNG, sofre saqueos constantes. Unha recente visita de militantes nacionalistas ao centro puxo en evidencia o mal estado e desmantelamento de esta infraestructura. Este espazo tivo un custe de 600.000 € no ano 2005 e, tal como denuncia o BNG, a pasividade das distintas administracións, tanto Xunta como Concello, facilitan e permiten o roubo e o saqueo.

As fotografías dan mostra das denuncias: cadros eléctricos desmantelados, portas arrancadas e preparadas para que as leven, a cancela do recinto desaparecida,… un panorama apocalíptico.

Os nacionalistas engaden que “o alcalde da Estrada desenténdese completamente deste recinto, a pesar de que en 2010, cando era deputado no Parlamento Galego, presentou unha iniciativa para a posta en funcionamento do centro ictioxénico. Mais a día de hoxe o único ao que agarda é a unha resposta da Consellaría de Medio Ambiente, resposta que a día de hoxe aínda non se escoitou por ningures, mostra de que na Xunta tampouco saben que facer co centro”.

Desde o BNG da Estrada instan ao alcalde a tomar medidas para evitar que o desmantelamento do centro Ictioxénico vaia a máis e faga máis custoso a súa posta en marcha. En segundo lugar, instan ao concello a clarificar publicamente se está pola labor de poñer en marcha este centro, que leva doce anos no medio dunha silveira.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies