Sar celebra ata o 17 as festas patronais

0

Compostela, 10 de agosto do 2018 – O compostelán barrio de Sar acollerá a vindeira semana , os días 15, 16 e 17 de agosto, a celebración das festas patronais, organizadas pola Asociación cultural Eu de Sar de toda a vida.

A Praza de Abastos acolleu a presentación coa presenza da vicepresidenta da Deputación e responsable da área de cultura, Goretti Sanmartín, do Mago Romarís e de membros da comisión organizadora. Serán tres días de festa no que se incluirán actividades infantís, torneos de fútbol, de chave e que contará ademais con diversas actuacións musicais e actividades variadas. Haberá unha gran carpa para acoller a veciñanza e visitantes.

A presidenta da Asociación Eu de Sar de Toda a Vida, Pili Lueiro, explicaba que este ano as festas contan con novidades respecto ás doutros anos pois se algo tiñamos claro, dende que hai case un ano collemos as rendas da asociación, era  apostar polo feito no país e a música feita en galego porque o galego non resta nin calidade nin variedade ademais de levar a festa a todos os lugares do barrio”. O programa de festas aposta por descentralizar as actividades que tradicionalmente tiñan como único punto a praza da Colexiata, e como case exclusivo o espectáculo das orquestras, e permitir a toda a veciñanza gozar das festas no seu propio lugar, ademais de disfrutar de outras actuacións como as infantís os tres días da festa.

O novo programa supuxo atopar máis recursos e ademais das achegas económicas da veciñanza tamén recorreron a empresas patrocinadoras como Distribuciones Aldani, Queixería Barral, Galmesano…e a solicitar unha liña de axudas que concede a Deputación da Coruña. Goretti Sanmartín, responsable de cultura do ente provincial, sinalou que estas axudas contribúen a pór en valor a música feita en Galiza como son as bandas, gran canteira de músicos e músicas e que as entidades pequenas poidan gozar de concertos como os que se celebrarán en Sar con grupos como Treixadura, A Banda da Balbina, Paco Nogueiras ou espectáculos como o do Mago Romarís.

Na rolda de prensa desta mañá non faltaron os agradecementos a Paco Otero, o belenista de Conxo, pola cesión dos seus cabezudos que despois de moitos anos volverán bailar polas rúas de Sar. A Asociación cultural Eu de Sar de toda a vida, convida a toda a veciñanza e a todas aquelas persoas que desexen achegarse ao barrio a participar en todas as actividades propostas e a gozar das festas.

O mago Romarís fixo, durante a presentación das festas, algúns trucos

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial