Sar celebra na fin de semana a festa de San Brais

0

Compostela, 1 de febreiro do 2019 –  O compostelán barrio de Sar acollerá este sábado e domingo a celebración da festa do San Brais, organizado pola Asociación cultural Eu de Sar de toda a vida.

cartaz das festas de Sar 2019A festa de San Brais dará comezo mañá sábado, 2 de febreiro, ao remate da misa da Candelaria, cunha gran chocolatada. A continuación, ás 9 da noite, os gaiteiros da Asociación Folclórica Colexiata de Sar iniciarán a verbena na que máis tarde actuará o grupo Beiramar.

O domingo 3 o barrio contará con animación durante todo o día. Haberá misas cada hora dende as 9 da mañá até as 12 e ao finalizar esta haberá diversas actuacións da Agrupación folclórica de Sar. Ás 12.45h está prevista a actuación da Banda Municipal de Santiago.

A Asociación cultural Eu de Sar de toda a vida, comisión organizadora das festas do barrio, convida a toda a veciñanza e a todas aquelas persoas que desexen achegarse ao barrio a participar en todas as actividades propostas e a gozar da festividade de San Brais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial