Sara Soneira e Sara Gacio, medallas de prata e bronce no III Open Internacional Vila de Moaña

0

Oroso, 15 de outubro do 2017 –  O Concello de Oroso felicita ás orosás Sara Soneira Balado e Sara Gacio Cendal, deportistas do Club de Taekwondo Boudsport, que veñen de conseguir as medallas de prata e bronce no III Open Internacional Vila de Moaña.

As loitadoras participaron en este evento que reuniu a 350 competidores no pavillón de Reibón (A Xunqueira). Ambas deportistas gañaron as súas preseas na modalidade de combate fronte a competidoras chegadas de toda a xeografía galega e Portugal.

Sara Soneira Balado obtivo a medalla de prata na categoría cadete mentres que Sara Gacio Cendal conseguiu a medalla de bronce na categoría junior, categoría na que conseguira a medalla de prata o pasado 23 de setembro no Open Internacional Cidade de Ourense.

sara soneira

Sara Soneira

Sara Gacio

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies