Scene Ballet de Melide participará no campionato nacional

0

Melide, 20 de marzo do 2018 – As bailarinas do Scene Ballet de Melide participarán, no mes de maio, no campionato nacional que se celebrará en tarragona  despois de colleitar dous ouros en Valladolid.

Scene Ballet desprazou para esta competición 8 nenas que conseguiron dous ouros, un en categoría 3 e en estilo fusión e outro en categoría 2. As vitorias foron obtidas polas mozas Marta Mosquera, Atenea Martínez, Laura Sánbchez e Mariña Ferreiro.   Por outra banda, o grupo de ballet melidense tamén conseguiu primeiros premios na categoría individual coa actuación de Laura Sánchez en estilo jazz e Marta Mosquera en estilo fusión. Grazas a estes resultados as mozas de Melide participarán na final do Campionato Nacional de Danza que se celebrará en Tarragona o 4,5 e 6 de maio.

 Próxima cita en Vigo

As alumnas de Scene Ballet de Melide terán a súa vindeira cita a primeira fin de semana do mes de abril coincidindo cos días 7 e 8 na cidade olívica, donde participarán no Vigo Porté. Trátase dun evento internacional de disciplinas de baile que se celebra por terceiro ano consecutivo nesa cidade. O xurado profesional que avaliará aos participantes estará dirixido polo coñececido bailarín televisivo Poty Castillo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial