A secretaria xeral para o Deporte e o delegado territorial da Xunta visitan en Ordes as obras de Vista Alegre

0

Ordes, 24 de novembro do 2017 – Marta Míguez, secretaria xeral para o Deporte; Ovidio Rodeiro, delegado territorial da Xunta e Roberto García Fernández, xefe do Servizo Provincial de Deportes, visitaron esta o complexo deportivo de Vista Alegre, en Ordes.

visita as obras de Vista AlegreO alcalde José Luis Martínez Sanjurjo e a concelleira de Deportes Ana Soneira acompañáronos no seu percorrido polas obras de Vista Alegre.

De primeira man supervisaron a construción do novo almacén que segundo o proxecto conta en total con algo máis de 140 metros cadrados (27 metros de lonxitude), erixido nas proximidades das pistas de atletismo. A construción súmase á xa existente, tamén de planta baixa, respectándose o estilo arquitectónico e acabado para englobar ambas as edificacións nun mesmo conxunto. Estas serán empregadas para o almacenamento de todo tipo de material deportivo. O investimento total ascende a preto de 60.500 €. IVE incluído, dos cales a Secretaría Xeral para o Deporte aporta preto de 50.000 €.

visita as obras de Vista AlegreRoberto García tamén se interesou pola situación doutras instalacións deportivas do concello, como os campos de fútbol das parroquias. Neste sentido estivo facendo comprobacións do estado do céspede de Vista Alegre e os seus vestiarios.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies