Segue a bronca en Ames, agora por conta da administración electrónica e a eficiencia enerxética

0

Ames, 11 de xaneiro do 2019 – O cruce de acusacións entre Partido Popular e goberno municipal de Ames increméntase e agora súmanse os procesos de licitación da administración electrónica e de luminarias.

Os proxectos motivo de disputa comezaron os trámites no último trimestre do ano. Trátase do contrato de servizos de deseño e implantación da administración electrónica e o de subministro, instalación e montaxe para a mellora da eficiencia enerxética da iluminación pública no Milladoiro.

No caso da administración electrónica o PP explica que o concello tivo que anular o procedemento o día que pechaba o prazo de presentación de ofertas. O motivo foi un erro nos sobres de licitación; foron erroneamente configurados só dous sobres: o sobre A  (documentación administrativa) e sobre C (proposición económica e criterios avaliables mediante fórmula), faltando así o B (criterios de adxudicación suxeitos a avaliación previa). Este contrato, enmarcado no programa operativo de crecemento sostible 2014-2020, conta cun orzamento de 177.561€, e está cofinanciado ao 80% con fondos EDUSI “Impulsa Ames” e ao 20% polo propio Concello.

Luminarias do Milladoiro

A primeira crítica dos populares en este caso e a dilación do proceso. Lembran que a inversión de 230.000 euros, procedentes do POS 2017 da Deputación, foi anunciada en xullo de este ano polo que consideran que desde que se obtiveron os cartos pasaron 15 meses ata a posta en marcha do proceso.

Cando estaba vixente o prazo de presentación de ofertas un recurso da Asociación de Pequenas Empresas Galegas foi estimado parcialmente polo Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia e a licitación queda en suspenso. Os populares explican que o investimento chega aos 324.396€ e que a día de hoxe non saben en que momento está o proceso.

A resposta do goberno

A resposta do goberno municipal a estas acusacións chegaba unha hora despois do comunicado do PP. O gabinete de alcaldía explica que unha das máximas a hora de traballar desde que chegaron foi deixar traballar aos técnicos nos procesos de licitación.

Achacan os problemas de estas licitacións a erros humanos que non se poden usar como “campaña propagandística” e califican a actitude dos populares de “noxenta”.

O goberno municipal informa ademais que ambos os dous procesos están actualmente subsanados e licitándose e que no caso da Administración electrónico mesmo se ten xa realizada a apertura do sobre A quedando fixada para a vindeira semana a do sobre B.

O goberno municipal aproveita tamén para lembrar que non se perden cartos en ningún dos casos, que só hai un retraso.

Acusacións

O goberno municipal lembra no comunicado que o actual candidato do PP, Ramón García Argibay, era responsable dun contrato do Plan Avanza para o que se perderon 200.000 euros por presentar a xustificación fora de prazo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial