Segunda edición de “Melide no Camiño”  grazas á  Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

0

Oito voluntarias e voluntarios desenrolan dende o pasado luns labores de voluntariado no Camiño de Santiago de axuda ao peregrino. Dende rueiros, apoio e difusión do patrimonio cultural ata labores medioambientais na mesma ruta xacobea gracias á colaboración da Xunta de Galicia e da Dirección Xeral de Xuventude.

Melide, 07/09/2016 – Oito voluntarias e voluntarios desenrolan labores de apoio ao peregrino en diferentes puntos do Camiño francés en Melide. Dende o Concello de Melide apostan claramente pola formación nos periodos estivais de mozos e mozas en experiencias de voluntariado que son moi beneficiosas para completar o curriculum non formal da mocidade.

Entrando neste programa de voluntariado, ademáis do propio intercambio de experiencias e coñecementos cos propios turistas e viandantes os mozos e mozas melidás poden practicar linguas extranxeiras así como a expresión oral á hora de explicar o patrimonio turístico e arquitectónico de Melide. Son dous meses onde os voluntarios e voluntarias percibirán un montante de seis euros días en concepto de gastos de mantemento e desprazamento ademáis de unha vez finalizado o programa, un diploma acreditativo de participar nunha experiencia deste tipo.

Pola súa banda, a alcaldesa de Melide, Dalia García, incita aos mozos e mozas melidás a participar a lo menos por unha vez en experiencias de voluntariado, cada vez máis cotizadas no mundo laboral e que ademáis enriquecen a personalidade e a propia experiencia vital.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial