займ срочно

Segunda edición do Festival Rosalía

0

Compostela, 25 de setembro do 2018 – A praza de Cervantes acollerá este sábado a segunda edición do Festival Rosalía, centrado na figura da poetisa e na súa imaxe nas distintas formas artísticas.

O Festival Rosalía está organizado pola Deputación da Coruña e o Concello de Santiago e leva como lema Unha cultura con superpoderes, de feito na presentación estivo presente unha SuperRosalía. A heroína repartiu programas de mane Goretti San Martín, Vicepresidente da Deputación, e Marta Lois, concelleira de igualdade, explicaban aos medios o programa de actividades do festival.

Tal e como explicou Goretti Sanmartín, “haberá danza con Ánxela Blanco e Mónica de Nut, teatro e pasarrúas cos Quinquilláns, música para nenos e nenas con Uxía Senlle e actividades durante toda a xornada”. Tamén se contará cun espazo de novidades coa presentación das últimas producións baseadas na autora e a súa obra e Vella Escola creará unha ilustración mural a grande escala realizada a spray. Pola tarde darán un obradoiro de rap en galego e farán unha reinterpretación urbana dos versos de Rosalía.

A edila de Igualdade, Marta Lois, fixo fincapé na “importancia da colaboración institucional para levar a cabo eventos deste tipo, que axudan a facer cidade e que buscan potenciar a figura de Rosalía nesa Compostela territorio das mulleres”. O festival conta tamén con trece postos, cos que “se fomenta o comercio local e de proximidade, así como a autenticidade do mesmo”.

Descarga o programa

programa festival rosalia
Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies