Segunda fase da mellora viaria de Siador en Silleda

0

Silleda, 27 de agosto do 2018 – O Concello de Silleda xa ten en marcha o  proxecto  denominado Melloras de Camiños en Siador, que corresponde á segunda fase dos traballos prevista nesta localidade, na parroquia do mesmo nome.

As obras de Siador , que rematarán nos vindeiros días, veñen a completar a mellora do acceso ao lugar, acometida hai varios meses. Os traballos fanse con cargo aos fondos que lle corresponden ao municipio a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, cunha inversión total de 48.373 euros.

O concelleiro de Obras e Servizos, Klaus Brey, achegouse ata a localidade para facer un seguimento das obras. Esta segunda fase suporá a mellora da rede viaria entre as vivendas do núcleo que se dotará de formigonado para salvar as deficiencias do firme actual. O viario situado entre as vivendas deste núcleo de poboación tradicional, un dos máis poboados da parroquia, dotarase de pavimento continuo de formigón armado.

O proxecto foi aprobado o pasado mes de marzo e virá a completar a primeira fase dos traballos, que se realizou a finais do pasado ano cun investimento de máis de 100.000 euros. Na primeira fase, ademais de arranxar a pista de acceso ao lugar tamén se construíu un  muro de contención ante o grave risco de derrube da pista principal de acceso a este núcleo rural.

“Con estas obras continuamos a mellorar a rede viaria municipal de Silleda, unha rede moi extensa e na que seguiremos a realizar actuacións para mellorar tamén os servizos dos nosos veciños e veciñas do rural”, explica o concelleiro, que lembra que nas vindeiras semanas presentarase un proxecto para a mellora de pistas en diferentes parroquias, cunha inversión que superará os 500.000 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial