Segunda fase para a mellora viaria de Siador, en Silleda

0

Silleda, 23 de xuño do 2018 – O Concello de Silleda ten previsto iniciar a vindeira semana as obras do proxecto  denominado Melloras de Camiños en Siador, que corresponde á segunda fase dos traballos prevista nesta localidade, na parroquia do mesmo nome.

As obras de Siador virán a completar a mellora do acceso ao lugar, acometida hai varios meses. Os traballos irán con cargo aos fondos que lle corresponden ao municipio a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, cunha inversión total de 48.373 euros.  O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, e o concelleiro de Obras e Servizos, Klaus Brey, mantiveron unha xuntanza con veciños do lugar para explicarlles in situ cómo se levarán a cabo os traballos e outros pormenores do proxecto.

Esta segunda fase suporá a mellora da rede viaria entre as vivendas do núcleo que se dotará de formigón para salvar as deficiencias do firme actual. O viario situado entre as vivendas deste núcleo de poboación tradicional, un dos máis poboados da parroquia, dotarase de pavimento continuo de formigón armado. “Queremos que os veciños e veciñas coñezan en detalle cómo se realizarán as obras que se iniciarán a vindeira semana para cumplir o noso compromiso de arranxar os accesos a este lugar de Siador, cunha rede viaria que levaba moito tempo agardando por unha actuación integral”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

O proxecto foi aprobado o pasado mes de marzo e virá a completar a primeira fase dos traballos, que se realizou a finais do pasado ano cun investimento de máis de 100.000 euros. Na primeira fase, ademais de arranxar a pista de acceso ao lugar tamén se construíu un  muro de contención ante o grave risco de derrube da pista principal de acceso a este núcleo rural.

“Con estas obras continuamos a mellorar a rede viaria municipal de Silleda, unha rede moi extensa e na que seguiremos a realizar actuacións para mellorar tamén os servizos dos nosos veciños e veciñas do rural”, engade Cuiña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial