Selma Uamusse este venres no CGAC

0

Compostela, 20 de xuño do 2019 – A mozambiqueña Selma Uamusse estará este venres no Centro Galego de Arte Contemporánea por partida dobre.

Selma Uamusse participará cunha performance na inauguración da exposición da tamén mozambiqueña Ângela Ferreira ‘Pouco a pouco’. A continuación, ás 22:30, ofrecerá un concerto no exterior do edificio. Ambas actividades son de entrada libre e de balde.

A mozambiqueña Selma Uamusse estará este venres no Centro Galego de Arte Contemporánea cunha performance e un concerto no exterior do museoA poderosa voz de Selma e a súa versatilidade fan brillar a artista mozambiqueña en diversos reinos: desde rock ao afrobeat, pasando polo gospel, soul e jazz. Uamusse enriqueceu a súa viaxe con diferentes linguaxes, sempre consciente do poder transformador social e político da música. O seu primeiro EP, publicado en 2017, reflicte o seu camiño e o seu ser: unha nova e enérxica cantante que viviu a súa adolescencia durante a era dourada do rock en Portugal, coñecedora do cancioneiro tradicional de jazz e soul norteamericanos, experta nas súas referencias vocais (como Nina Simone, Miriam Makeba, etc), e intérprete de ritmos e sonoridades africanas…

 

 Pero a refinada mestura que Selma ofrece é moito máis que unha colaxe das súas aventuras artísticas, senón que constitúe un organismo vivo e único, individual, fresco e actualizado dunha maneira sorprendente e inconfundible. Podes situar a música de Selma Uamusse nun cruzamento de camiños entre as machambas (hortas) de Mozambique e os clubs europeos, entre os idiomas e ritmos africanos tradicionais e a produción electrónica contemporánea: unha historia de amor entre timbilias (balafón mozambiqueño) e sintetizadores.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial