A Semana Verde remata o 2017 en positivo por cuarto ano consecutivo

0

Silleda, 31 de Nadal do 2017 – O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda presidiu a reunión do Padroado da Fundación Semana Verde onde se fixo balanzo deste ano. Ao longo do 2017 visitaron o recinto máis de 180.000 persoas, acolleu 14 eventos, entre eles o Cimag Gandagro e o Xuventude Galicia Net R Encounter

Segundo a execución do orzamento deste ano e as contas previstas para o 2018, a Fundación presenta unha clara e estable recuperación económica, grazas ao traballo tanto do xerente como dos seus traballadores e das institucións presentes no Padroado, que seguen a cumprir co Plan de Viabilidade estipulado, o que fai que entre todos a Fundación estea xerando actividade ao longo de todo ano.

A Fundación Semana Verde contará para o vindeiro ano cun orzamento de 2 millóns de euros, que busca consolidar a liña iniciada fai uns anos, ao mesmo tempo  que se segue garantindo a viabilidade da institución, tan relevante para Sillleda e para toda a súa comarca, procurando que a actividade se desenvolva durante todo o ano, reforzando e facendo máis eficientes os eventos tradicionais e mantendo a aposta por eventos e oportunidades de negocio relacionadas co sector primario, o turismo ou o ocio, entre outras, facendo así unha Semana Verde viable, activa e dinámica todo o ano.

Eventos

Durante este ano organizáronse 14 eventos, entre eles o ABANCA CIMAG-GANDAGRO ou o Silleda Park que está activo estes días. Incrementouse nun 31 por cento a superficie expositiva na Feira Abanca Semana Verde. E no evento Xuventude Galicia Net contouse coa colaboración da empresa de telecomunicación R, que aportou preto de 100.000 euros, ademais de material técnico.

Ademais, a  Central Agropecuaria creceu por terceiro ano consecutivo, máis dun 6 por cento en animais e case un 12 por cento en volume de transaccións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies