Licítase unha senda peonil en Aldeagrande,  Lousame

0

Lousame, 7 de febreiro do 2018 – O BOP publicou o anuncio de licitación das obras de humanización e mellora da seguridade da estrada DP 4201 ao seu paso por Aldeagrande, Lousame, por un total de 304.174,01 euros.

Os traballos en Aldea Grande consisten na ampliación de 5 a 7,5 metros da plataforma da DP 4201 e na construción dunha senda peonil de medio quilómetro na súa marxe esquerda.

Obras

As obras, que contan cun prazo de execución de 6 meses, terán lugar nun tramo de 520 metros da DP-4201 co obxectivo de humanizar esta travesía, que actualmente conta cunha estrada duns 5 metros de ancho. As obras inclúen a demolición de tres casetos na marxe esquerda da vía e o movemento de terras para conseguir un ancho total de 7,5 metros, que se logrará actuando sobre os sobreanchos da estrada.

Isto suporá contar cunha estrada de dous carrís de 3,25 metros cada un e unha senda peonil de 1,8 metros de ancho na marxe esquerda da estrada, que estará separada da estrada por un caz de formigón prefabricado e unha beiravía de 0,3 metros. A senda estará pavimentada cunha capa de 12 centímetros de zahorra e outros 12 de formigón coloreado. Mentres que na estrada procederase á aplicación de rego de adherencia e 6 centímetros de aglomerado.

A maiores, colocarase un sistema de recollida de pluviais, cos seus correspondentes pozos de rexistro e arquetas sumidoiro; e se executará unha canalización para o alumeado público. Tamén se executarán dous muros de pedra granítica de 25 e 60 metros de lonxitude, para a contención de terras. As empresas interesadas en participar na licitación deste proxecto teñen ata o vindeiro 5 de marzo para presentaren as súas propostas diante da Deputación Provincial da Coruña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies