Comezan as obras da senda peonil de Orro en Noia

0

Noia, 2 de abril do 2018 –  O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro e o alcalde de Noia, Santiago Freire, visitaron as obras que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda está a executar para completar a senda peonil na travesía de Orro, no concello de Noia.

A senda de Orro supón unha inversión total de preto de 100.000 euros. Esta nova actuación do departamento que dirixe Ethel Vázquez está dirixida a obter unha mellora na seguridade viaria dos veciños e veciñas desta parroquia noiesa. A construción realízase por medio da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) e continúa o tramo realizado no ano 2016. A primeira fase contou cunha inversión de 60.000 euros aos que hai que sumar os 35.000 que se investirán nas obras que agora comezan. A intervención prevista pola Consellería de Infraestruturas afecta ao tramo que comeza no P.Q. 69+940 e termina no P.Q. 70+300. Desde o P.Q. 69+940 ao P.Q. 70+110 cun ancho de 2 metros para rematar a beirarrúa existente e desde o P.Q. 70+110 ao P.Q. 70+300 construirase unha nova senda.

Colaboración co Concello

 Dentro da liña de colaboración conxunta da Consellería e o Concello de Noia, as obras   aproveitará os traballos realizados con anterioridade polo Concello para eliminar un punto de verquido de augas residuais xa que algunhas vivendas da zona tiñan as súas acometidas de saneamento conectadas á rede de pluviais, á que ían parar directamente as augas residuais que logo remataban nun regato. Uns traballos que incluíron a construción dun muro necesario para a contención da senda peonil. O alcalde, Santiago Freire, explica que “o que fixemos dende o Concello de Noia foi investir uns 60.000 euros en instalar a canalización do saneamento e un bombeo en Orro para eliminar os verquidos que se viñan levando a cabo nesta zona, ao tempo que deixamos preparada a zona para completar a senda peonil iniciada pola Xunta en 2016”. O rexedor noiés agradeceu a Ovidio Rodeiro o compromiso da Xunta con Noia e indicou que esta actuación é un exemplo dun bo traballo conxunto de Concello e Xunta a prol dos veciños.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial