A Deputación construirá unha senda peonil en Boqueixón

0

Boqueixón, 2 de outubro do 20118 – O pleno da Deputación da Coruña aprobou o un investimento de 96.571,31 € para a construción dunha senda peonil en Lamas, no termo municipal de Boqueixón.

A infraestrutura construirase nun vial municipal especialmente transitado, pois é un dos accesos dende o municipio ao aeroporto de Santiago, e permitirá incrementar a seguridade dos peóns con sete novos tramos de senda peonil, que suman un percorrido de algo máis de 600 metros.

Ademais da construción deste itinerario seguro para peóns, o proxecto contempla a execución dun sistema de recollida de pluviais, o fresado e posterior pavimentación da calzada cunha capa de 5 cm de mestura bituminosa en quente e microaglomerado, a ocultación dos colectores de lixo en estrutura de madeira, a colocación dunha nova marquesina en substitución da actual, a instalación de catro bancos de pedra granítica e o repintado das marcas viais.

O prazo de execución dos traballos será de 6 meses a partir do inicio das obras.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial