займ срочно

O Sergas informa a Silleda que a partir do 1 de xullo cubrirá a praza da Pediatra

0

Silleda, 24 de xuño do 2017 –   O Centro de Saúde de Silleda contará dende o vindeiro día 1 de xullo coa praza de Pediatría cuberta según informou onte o SERGAS.

Confirmouno onte a xerente do Hospital Clínico de Santiago, Eloina Nuñez, en conversa co alcalde, Manuel Cuiña, co que analizou a situación da consulta de Pediatría de Silleda, a día de hoxe coa titular de baixa por maternidade.

Dende xullo haberá un especialista de xeito permanente cando a titular esté de baixa ou vacacións. O goberno municipal remitiu unha carta en días pasados á xerente informando da situación do servizo, que só contaba cun pediatra tres días a semana, tendo que desprazarse as familias ata Vila de Cruces cando a praza non estaba cuberta. Esta situación víñase producindo tamén durante as vacacións da titular.

“A partir de agora e salvo casos puntuais, o Centro de Saúde de Silleda terá esta praza cuberta”, sinala o alcalde, Manuel Cuiña, amosando a súa satisfacción pola pronta solución.

Cuiña, que agradeceu á xerente o trato recibido e a rapidez “coa que deron resposta a petición que fixemos dende o Concello”, desexa ademais a Eloina Núñez “unha fructífera etapa como xerente do Clínico”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies