займ срочно

Sete días sen novas de José Beis Gómez, veciño de O Pino

0

O Pino, 13 de xullo do 2018 – Hoxe, venres, cando se cumpre unha semana da desaparición de José Beis Gómez, retómanse as labores de busca na aldea de Astrar, Arca (O Pino).

Na búsqueda de José Beis están a colaborar varios veciños/as coordinados por un operativo da Garda Civil, e tamén agrupacións de voluntarios de protección civil dos concellos veciños de Santiago e Oroso.

José Beis, coñecido como Pepe de Beis, desapareceu o pasado día 6

de xullo, ten dificultades para camiñar e soe utilizar bastóns. Está parcialmente calvo e ten un vulto no lateral da cabeza. O día da súa desaparición vestía roupa escura ou gris.

O PSOE local solicita que se cancele a Festa dos Maiores

O Grupo Municipal Socialista, tras este triste suceso, xa solicitou a cancelación da “XXII Xuntanza dos Maiores de O Pino”, programada para este sábado día 14 na Capela da Madanela na parroquia de Castrofeito. Xa que consideran que, “todos os recursos dispoñibles se deben centralizar en atopar a José e que a festa se pode aprazar”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies