займ срочно

O pasado setembro foi o máis seco desde que a USC garda rexistros

0

Compostela, 2 de outubro do 2018 – O pasado mes de setembro tan só se recolleron na cidade de Santiago un total de 1,3 litros/m2, a cifra máis baixa desde que a Universidade ten rexistros.

O director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo, explica que as precipitacións de setembro rexistráronse na noite do día 2 ao 3 (0,4 litros) e do 17 ao 18 (0,9). Igualmente, o día 21 houbo unha precipitación inapreciable (menos de 0,1 litros/m2) durante a mañá.

Docobo engade que “nunca antes tivera lugar unha situación semellante, aínda que efectivamente houbo meses de setembro moi secos na área de Compostela como 1989 (7,1 l), 1997 (10,1), 1985 (11,4) e 1988 (11,8)”.  No lado oposto sitúase o mes de setembro de 1999 cando en 16 días se mediron 301,7 l/m2 ou 1998 con 220,3 l/m2 en vinte xornadas. En total, dado que en Santiago non se rexistraron nin frontes activos de choiva nin treboadas, “dende o pasado 8 de agosto tan só se levan colectados 4,2 l/m2”.

Temperaturas

No capítulo das temperaturas, Docobo sinala que se ben foron altas, cunha máxima de 34,3° o día 1, xunto cunha media das máximas do mes de 26,8°, “non se chegaron a superar as marcas dos anos 2006 e 1988”. O 5 de setembro de 2006 o termómetro chegou a marcar en Santiago 38,4° e 0 6 de setembro de 1988, 37,5°. En ambos os dous casos, estas temperaturas foron nos seus respectivos anos máximas anuais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies