Sétima edición da BTT Concello de O Pino

0

O Pino, 9 de outubro do 2018 – O sábado día 20 disputarase a sétima edición da BTT concello de O Pino, coma sempre no lugar de Arca e este ano polo serán.

Será as catro da tarde cando se de a saída a BTT na área recreativa de Lameiro. O percorrido supón 42,7 quilómetros por diferentes localidades do municipio, cunha dificultade técnica e física de grado medio. Trátase dunha proba non federada e non competitiva na que poderán participar todos os maiores de idade que o desexen, ou menores de 16 e 17 anos que conten con autorización de seu pai ou súa nai. O uso de casco é obrigatorio para todos os participantes, así como levar luz frontal. As inscricións, que teñen un prezo de 10 euros, faranse na web www.emesports.es ata as 23.59 horas do xoves 18 de outubro. Tamén se poderá facer a inscrición presencial no Concello de O Pino, e, en Santiago, en Motos Carballeiro, Bicicletas Oliveira e café bar Caminante

A organización ten preparados puntos de control e tamén de avituallamento líquido e sólido para os corredores, tanto nun punto intermedio da proba como na meta. O que non está contemplado é o servizo de reparación, polo que cada participante deberá  ser autónomo e capaz de arranxar pequenas avarías nas súas bicicletas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial