займ срочно

Hoxe comeza a sétima edición do Festival Peregrinos Musicais

0

Compostela, 12 de xullo do 2017 –  O Teatro Principal é o escenario escollido para a Gala concerto inaugural do VII Festival Peregrinos Musicais, que este ano adianta o seu calendario habitual ao mes de xullo para coincidir coa semana festiva da cidade. A cita é ás 20:30 e o prezo da entrada é de 6 €.

A pianista e directora do festival, Ilona Timchenko, o director do Auditorio de Galicia, Xaquín López e o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentaron o programa completo do certame no Concello de Santiago. Na presente edición, este festival dedicado á promoción de novos talentos musicais galegos e internacionais, conta con 12 intérpretes noveis, a meirande parte deles procedentes de Galicia. A nómina completa de participantes no programa é a seguinte:

[columns]
[column size=”1/3″]Andrea González Pérez – 18 anos, de Vigo (saxofonista)

Carla Gómez Iglesias – 11 anos, de A Coruña (clarinetista)

Daniil Serduyokov – 16 anos, de Rusia (clarinetista)

Irene Cebada Fernández – 18 anos, de Tui (violinista)[/column]
[column size=”1/3″]Iria Fernández Silva– 16 anos, de Lugo (violista)

Johann Derecho– 18 anos, de Filipinas (pianista)

Marina Hermida Rodríguez – 17 anos, Pontevedra (violinista)[/column]
[column size=”1/3″]Alexey Levin, 20 anos , de Bielorrusia (fagotista)

Paula Diz Parrondo– 13  anos, de Vigo (violinista)

Petre Abraham Smeu – 15 anos, de Sigüeiro (violinista)

Sophia Voronina – 11 anos, de Rusia (pianista)[/column]
[/columns]Canda eles, toman parte no VII Festival Peregrinos Musicais outros artistas consolidados como Sergey Arutyunyan (violín), Iago Domínguez (violonchelo), Estefanía Cereijo (piano) ou a propia Ilena Timchenko. Todos eles interveñen nos concertos ‘Mestres e Laureados’ que terán lugar no Teatro Principal os días 13 e 15 de xullo ás 20.30. A entrada é a 9 €

Tal e como aconteceu en pasadas edicións, o certame mantén na súa programación a celebración dun concerto na Catedral de Santiago, que terá lugar o venres 14 de xullo ás 20:00 horas. A entrada é de balde ate completar o aforo.

Finalmente, será o Auditorio de Galicia o escenario para o concerto de clausura do certame, que reunirá aos músicos integrantes do programa coa Real Filharmonía de Galicia baixo as ordes do director Maximino Zumalave. Este concerto de peche terá lugar  o luns 17 de xullo ás 20:30. O prezo da entrada é de 7 €.

Para máis información:

http://www.peregrinosmusicales.com/

http://www.compostelacapitalcultural.org/  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies