займ срочно

Sexta edición de Brión Solidario

0

Brión, 29 de novembro do 2017 –  Por sexto ano consecutivo, o Concello de Brión pon en marcha a campaña especial de Nadal de Brión Solidario, para recoller alimentos para as familias máis vulnerables do municipio.

Brión Solidario é unha iniciativa que vén contando ao longo deste tempo co inestimable apoio da veciñanza, que mesmo intensifican a súa colaboración nestas datas especiais do Nadal, e que permitirá axudar a unhas trinta familias do municipio, é dicir, arredor dun cento de persoas.

Recuperando o lema “Así de fácil, así de responsable”, o Departamento de Servizos Sociais de Brión volve solicitar a colaboración da veciñanza, ben achegando alimentos non perecedoiros ben donativos en metálico. No caso das achegas de alimentos non perecedoiros e correctamente empaquetados, este ano precísanse especialmente produtos de Nadal, azucre, conservas e produtos de hixiene; sendo menos necesarios pero ben recibidos outros como aceite, leite, pasta ou galletas.

As achegas ao Brión Solidario poden entregarse ata o remate do Nadal nos distintos centros municipais (Casa do Concello, Casa da Cultura, Centro Social Polivalente e Biblioteca Municipal) ou no supermercado Froiz de Montebalado. Tamén se aceptan donativos económicos en metálico na Casa do Concello (Tesourería Municipal) e na oficina de Abanca de Montebalado.

O alcalde, José Luís García, agradece por adiantado a colaboración veciñal xa que “os veciños e veciñas de Brión fan gala da súa solidariedade doando alimentos ao longo de todo o ano, que se incrementa no Nadal coa colaboración tamén de agrupacións, asociacións e empresas que desenvolven accións de apoio a esta iniciativa”. Exemplos desa cooperación son a Piscina Municipal, a asociación cultural e deportiva O Esquío no Piñeiro, a Unión Deportiva Bastavales, a asociación de Mulleres Xuntanza, o supermercado Froiz de Montebalado, a asociación de veciños da parroquia de Ons ou os centros educativos de Brión, que aproveitan a celebración de eventos propios para recoller alimentos para “Brión solidario”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies