займ срочно

Sexta edición do Festival Voces de Carboeiro

0

Silleda,  3 de maio do 2019 – O festival Voces de Carboeiro, organizado polo Coro Vales Mahía, volta o vindeiro sábado día 11 as seis da tarde ao mosteiro de Silleda no que supón a sexta edición.

Voces de Carboeiro contará este ano coa participación estelar da soprano Noa Outomuro, que acompañará ao grupo anfitrión. Natural de Santiago de Compostela, graduouse en canto na Escola Superior de Música de Cataluña, colaborando ademais coa Orquestra Sinfónica de Galicia e coa Real Filharmónica de Galicia.

Hai dous anos conseguiu unha das dúas prazas, de entre 85 aspirantes, para cursar un máster de Canto no prestixioso conservatorio Gaetano Donnizeti de Bérgamo (Italia). O pasado ano tamén foi seleccionada para cursar outro máster na European Ópera Academy de Florencia. Actualmente participa, no Teatro do Liceu de Barcelona, na ópera L’elisir d’amore.

Ademais da actuación desta prestixiosa soprano, na cita de Carboeiro tamén participarán como formacións convidadas o Coro Ondas da Ría e a Coral Polifónica de Santiso, ademais do grupo anfitrión, dirixido por Álvaro Lodeiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies