займ срочно

Showcooking no mercado de Ordes da man de Karina Carreira

0

Ordes, 23 de maio do 2019 – Este vindeiro sábado, 25 de maio, o Concello de Ordes organiza un showcooking na Praza de Abastos dentro do evento internacional “Quere o teu mercado” .

A cociñeira Karina Carreira, do establecemento Factoría Doce, será a encargada de preparar unhas deliciosas sardiñas con pementos á brasa, mexillóns en escabeche e champiñóns de mar. Con esta actividade o Concello de Ordes participa, un ano máis, na campaña ‘Quere o teu mercado’, lema en galego dunha campaña internacional de promoción das prazas e mercados de proximidade (www.quereoteumercado.gal). Esta está promovida pola Xunta de Galicia en colaboración cos Concellos, as prazas de abastos e as federacións e asociacións de comerciantes. Como obxectivo principal está o de destacar o papel dos mercados, potenciar a compra do produto local e enxalzar a profesionalidade de praceiros e praceiras.

As persoas que se acheguen á praza a partir das 10.30 horas poderán ver en vivo a elaboración destes pratos e degustalos gratuitamente, ademais de aprender de primeira man trucos e consellos sobre os alimentos que se empreguen. Para isto habilitarase un espazo e instalarase unha cociña a carón dos postos habituais.

En conxunto hai máis de 50 mercados ao longo de toda a Comunidade, nos cales se están a realizar distintas actividades co fin de  visualizar, promover e activar estes espazos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies