займ срочно

Sicixia de Ignacio Vilar proxéctase na Rapa das Bestas

0

A Estrada, 9 de xullo do 2017 – O curro de Sabucedo, onde comezou a rodarse o filme de Ignacio Vilar Sicixia hai agora dous anos, acollerá o próximo 11 de xullo, ás 22:30 horas, a proxección da película.

Así o anunciaron en rolda de prensa celebrada na casa do concello da Estrada o alcalde da vila, José López, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, cuxo departamento colabora co municipio estradense, pertencente á Rede de Dinamización Lingüística,para ofrecerlles aos asistentes á Rapa a proxección da película.

Valentín García indicou que Sicixia é “un filme galego e en galego”, polo que “merece todo o apoio da Xunta de Galicia para a súa produción e para a súa difusión”. O secretario xeral de Política Lingüística lembrou que o seu departamento está comprometido, a través de diversos proxectos, “cos creadores que fan o seu traballo na lingua propia de Galicia e que demostran coa súa calidade e co recoñecemento que acadan dentro e fóra dos límites da comunidade autónoma que apostar polo noso idioma non pecha portas”. Así mesmo, indicou que o cine é unha “potente ferramenta de promoción da lingua galega que seguiremos empregando nos concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística”.

Os sons da lingua e da natureza galega

Tras o éxito da  adaptación cinematográfica de ‘A esmorga’, a produtora Vía Láctea Films e o director Ignacio Vilar estrearon a finais de 2016 Sicixia, un filme que aposta por experimentar con fórmulas narrativas innovadoras a través do diálogo entre a ficción e o documental. Sicixia, que toma como título o termo astronómico que define o momento no que se aliñan os centros do Sol, da Terra e da Lúa, mestura ficción e realidade para retratar o patrimonio paisaxístico e cultural galego.

Monti Castiñeiras dálle vida a Xiao, un enxeñeiro de son que percorre as vilas e lugares más recónditos de Galicia para gravar a diversidade lingüística do galego a través das súas variedades dialectais, ademais de recoller os sons da natureza. Nesa viaxe coñecerá a Olalla (Marta Lado, que obtivo por este papel o premio á mellor interpretación feminina no Festival Cine España de Toulouse), quen espertará en Xiao a paixón pola vida e o carácter salvaxe da Costa da Morte.

Escenarios e localizacións

Malia se centrar nesta zona do litoral galego, en concreto nos concellos de Carnota, Dumbría, Fisterra, Muxía, Camariñas, Cabana de Bergantiños, Carballo, Cee, Cerceda e Corcubión, Sicixia recolle escenas doutras localidades da nosa xeografía, como é o caso da festa da Rapa das Bestas de Sabucedo, onde se gravaron as primeiras imaxes da película, ou da Cidade da Cultura de Galicia, que colaborou cedendo as súas instalacións. Deste xeito, o filme contribúe á proxección nacional e internacional de Galicia ao retratar tanto espazos de interese turístico coma a súa riqueza gastronómica, os seus sectores produtivos, a riqueza lingüística e a idiosincrasia das súas xentes.

O filme obtivo en 2014 unha subvención de 260.000 euros no marco das axudas á produción e coprodución audiovisual que convoca a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), dentro da categoría de a longametraxes cinematográficas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies