Silleda formará parte un ano máis da 102 kms. Carballiño – Santiago

0

Silleda, 22 de febreiro do 2018 – O Concello de Silleda colaborará  por segundo ano consecutivo coa proba 102 Kilómetros Carballiño-Santiago organizada polo Club de Atletismo do Carballiño.

O alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Deportes, Ana Luisa González Costa, mantiveron un encontro co presidente do Club Carballiño, Fernando Guerra, para concretar a nova colaboración do Concello.

A proba celebra a segunda edición o sábado 10 de marzo e ten por finalidade unir o concello do Carballiño coa praza do Obradoiro de Santiago, transcurrindo a meirande parte da marcha polo camiño de Santiago denominado Vía da Prata. Dende a organización do evento pediuse apoio loxístico ó Concello de Silleda, que colaborará poñendo a disposición dos participantes o pavillón polideportivo da Bandeira para realizar o avituallamento dos participantes.

En palabras da concelleira Ana Luisa González “Un ano máis colaboraremos con esta proba, que unifica carácter deportivo e turístico, fomentando a cultura do deporte e poñendo en valor rutas e paraxes emblemáticas das nosas vilas”.

A Carreira partirá da praza de Veracruz do Carballiño ás 07:00 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial