Silleda entrega ao CEIP os 6.000 euros comprometidos para o mantemento

0

Silleda, 19 de maio do 2017 –  O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, e a concelleira de Educación, Pilar Peón, fixeron entrega á directora do CEIP de Silleda, Mar Gómez, dos 6.000 euros da aportación municipal acordada o pasado ano.

“Deste xeito damos cumprimento ao convenio que asinamos coa Consellería de Cultura , Educación e Ordenación Universitaria para realizar distintas tarefas”, sinala o alcalde lembrando que nese acordo se establecían actuacións para tentar dar resposta aos problemas de humidade e calefacción que viña arrastrando o edificio.

Así mesmo, Cuiña lembra que o Concello de Silleda vén realizando distintas obras de mellora no edificio educativo, que debido á súa antigüidade precisa de labores de mantemento. Tarefas de pintado, limpeza de canalóns…xunto coa dotación dunha marquesina no corredor situado entre o pavillón e o edificio foron algúns dos traballos asumidos polo Concello.

O convenio asinado entre Educación e o Concello incluiu ademais a dotación dunha nova caldeira de calefacción, unha das grandes necesidades deste centro. “Dende o Concello seguiremos colaborando no mantemento dos centros e por suposto reclamando ante a Administración autonómica, que é quen ten as competencias, as inversións necesarias”, engade o alcalde.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies