Silleda xa abonou máis de cen mil euros do programa Reactiva

0

Silleda, 19 de maio do 2020 – O Concello de Silleda comezou xa a pagar as axudas do programa Silleda Reactiva e onte luns abonou unha primeira remesa de subvencións por máis de cen mil euros.

O venres pasado rematara a exposición pública da modificación do orzamento que destina un total de 302.000 euros ao programa Silleda Reactiva. Onte luns aboáronse 149 axudas da liña 1 (800 euros) para os establecementos que permaneceron pechados pola crise sanitaria; e outras 63 axudas da liña 2 (con 300 euros) para os casos nos que a redución de ingresos foi dun 50%.

A  comisión de valoración continuará o seu traballo esta semana, revisando as solicitudes que entraron nos últimos días e requirindo documentación ás que están incompletas, ou ben informando das que presentan distintos defectos, ou non compren cos requisitos das bases, publicadas no BOP de Pontevedra o pasado 17 de abril.

Silleda Reactiva

“Vimos  urxente aprobar estas axudas directas con cargo a eses 302.000 euros do remanente para axudar aos nosos comerciantes, hostaleiros e autónomos ante esta situación sen precedentes”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, lembrando que o proceso se axilizou ao máximo para poder facer o abono xa nesta primeira xornada permitida cos prazos legais.

O prazo para solicitar estas subvencións, por concorrencia competitiva, abriuse o pasado 18 de e continuará ata o décimo quinto día hábil posterior á finalización do Estado de Alarma.

As solicitudes, segundo un formulario específico, deben tramitarse a través da Sede electrónica. As bases e formularios estarán dispoñibles tamén na web municipal e os datos das axudas publicaranse no Portal de Transparencia.

Entre os requisitos comúns que deben de cumprir os beneficiarios figuran: que a actividade económica sexa desenvolvida por unha persoa autónoma, unha microempresa ou pequena empresa; estar dado de alta no Réxime da Seguridade Social ou mutua profesional así como en Facenda, no momento de presentar a instancia; que o domicilio fiscal e –no seu caso o local de actividade- estea no termo municipal de Silleda, entre outros.

As bases inclúen tamén a documentación a presentar por parte dos solicitantes e as obrigas das persoas beneficiarias, que entre outros, deben manter a actividade empresarial durante 3 meses como mínimo a partir do día seguinte a que remate o Estado de Alarma.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial