Silleda aclara que non hai positivos na residencia

0

Silleda, 3 de abril do 2020 – O concello de Silleda ven de aclarar, e negar, as informacións sobre un posible caso de Coronavirus na actualidade na residencia de maiores.

Si é certo que un dos traballadores da residencia foi afectado polo virus. Desde o concello concretan que dito empregado, que non reside no municipio, leva sen ir a traballar desde o 12 de marzo pasado.

Todas as probas realizadas non deron ningún positivo na residencia. Estes datos fan que o concello queira mandar unha mensaxe de tranquilidade ás familias das persoas usuarias do centro. A plantilla está a facer un gran esforzo xa que está a ser confinada en turnos e desde onte pernocta no  Hotel Vía Argentum, situado xusto fronte á Residencia.

Dende o Concello, que xestionou esta posibilidade cos responsables do complexo hoteleiro, agradécese o xesto do hotel silledense así como o sacrificio das persoas traballadoras deste centro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial