Silleda acolle este domingo o certame de baile tradicional Azaloira 

0

Silleda, 2 de maio do 2019 –   O baile tradicional volve ser protagonista en Silleda e na Bandeira da man dunha nova edición do certame Azaloira, que cumpre 19 anos este domingo sendo referente no panorama galego.

Azaloira está organizado por Fortín da Pomba e nel participarán un total de 17 grupos de distintas localidades galegas. O encontro celebrarase no auditorio Manuel Dopazo este domingo a partir das 11:00 horas .

O certame consta de novo de dúas categorías. Na categoría A (de 8 a 13 anos),  participarán tres grupos de Cantigas e Agarimos; “Os Castros”, de Os Xeitosos de Trazo; outros dous grupos de A Ponte Vella, “A Telleira” e “Baraxela”;  “Loaira”, de Mestre Manuel Gacio;  “Retranqueiriños”, do grupo Retranqueiros; o grupo “C” de Armadanzas de Laraño, e “Pillabáns”, de Xacarandaina.

Na categoría B, de 14 a 17 anos, concursarán outros sete grupos: dous da agrupación Fiadeiro, de Vigo, “Garatuxas e “Carrapucheiros”; o grupo C de Ultreia; “Os Batáns”, de Os Xeitosos de Trazo; “Muiño da Retorta” de A Ponte Vella; outro grupo de Cantigas e Agarimos e tamén “Zarzallo”, de Xacarandaina.

O grupo anfitrión actuará a modo de exhibición neste concurso que repartirá un total de 1.900 euros en premios.  En cada categoría haberá un primeiro premio de 400 euros e trofeo, patrocinado polo Concello de Silleda; un segundo de 300 euros e trofeo (dos comerciantes da Bandeira); e un terceiro tamén de 150 euros e trofeo, de Fortín da Pomba. Tamén haberá dous accésits para o mellor vestiario e o mellor acompañamento.

Dende Fortín da Pomba o seu presidente, Luis Villanueva Ansedes, que presentou o cartel xunto con membros da directiva, o alcalde, Manuel Cuiña e a concelleira de Cultura, Ana Luisa González, agradéceu “o apoio do Concello de Silleda e de todas as empresas e comercios que colaboran e que fan posible a realización deste certame, un dos máis prestixiosos, xa case con dúas décadas de historia”.

Cuiña e Ana Luisa González destacaron así mesmo o traballo realizado por Fortín da Pomba, “que ven a reforzar a sona que ten Bandeira no ámbito tradicional, tal e como se demostra ano tras ano cun plantel de calidade no cartel do Azaloira”, engaden.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial