Silleda acomete a reparación na pista de Refoxos

0

Silleda, 29 de xunño do 2018 – O equipo de operarios de bacheo, do departamento municipal de Obras e Servizos do Concello de Silleda, continúa realizando tarefas de mellora en distintos puntos da rede viaria municipal chegando estes días a pista de Refoxos.

Logo de realizar tarefas en Piñeiro, o equipo trasladouse ata a parroquia de Refoxos para acometer reparacións no vial que vertebra esta parroquia, con diversas deficiencias no seu firme.

O concelleiro de Obras e Servizos, Klaus Brey, visitou as tarefas neste punto, que continuarán unha vez rematadas noutros puntos do municipio. “Temos unha rede de viaís moi extensa e que vén acusando os danos dun inverno moi duro con intensas choivas”, indica o concelleiro resaltando que o equipo de bacheo se reforzou con máis persoal nas últimas semanas para poder afrontar o traballo pendente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies