Silleda acondiciona os accesos ao polígono empresarial Área 33

0

Silleda, 30 de outubro do 2018 –  Operarios municipais, do departamento de xardinería e limpeza de Silleda,  procederon estes días a limpar as cunetas do acceso ao parque empresarial Área 33, dende a N-525.

Estas tarefas de mantemento súmanse a outras realizadas dende o Concello de Silleda neste recinto empresarial coma o desbroce do viario.

Con esta limpeza complétase tamén o proxecto de mellora do polígono executado hai varias semanas polo Concello coa sinalización de todo o parque empresarial e o establecemento dun nomenclátor nas rúas.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial