Destrozados 18 báculos no Parque das Pedrosas de Silleda

0

Silleda, 31 de xullo do 2019 – Na última fin de semana actos vandálicos esnaquizaron parte do equipamento público do Parque das Pedrosas no concello de Silleda.

Ata o Parque das pedrosas achegáronse a alcaldesa en funcións, Mónica González, e o concelleiro de Obras e Servizos, Antonio Ferro. Comprobaron que foron destrozados 18 báculos do mobiliario público que tan só leva instalado un ano e medio. O goberno municipal lamenta que non é a primeira vez que isto ocorre xa que houbo que realizar reposicións varias veces por diversos actos destrutivos.

Destrozos no Parque das Pedrosas“Dende o goberno municipal lamentamos unha vez máis que se sigan producindo este tipo de actos contra o mobiliario e os servizos públicos. Hai apenas 15 días restableceranse os puntos de luz que foran estragados por mor doutros actos vandálicos e neste caso polo número de báculos afectados estamos ante o ataque máis grave dos que se levan producido ata agora neste parque municipal”, explica a alcaldesa en funcións Mónica González.

Dende o executivo local faise un chamamento tamén á colaboración cidadá e ao civismo, de cara a identificar ao autor ou autores destes actos vandálicos contra o mobiliario público.

As obras nas Pedrosas supuxeron unha inversión de 200.000 euros, coa creación de sendeiros, a reconstrución dos muros de pedra e a dotación de iluminación neste enclave natural, de 13.000 metros cadrados de extensión.

Os operarios municipais comezaron a repoñer os báculos que foron destrozados e o traballo continuará durante os próximos días.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial