Novos actos vandálicos en Silleda queiman tres colectores de lixo en Bandeira

0

Silleda, 18 de febreiro do 2020 – Tres colectores de lixo arderon na madrugada do domingo na localidade da Bandeira queimados por descoñecidos.

Un novo acto vandálico que se suma aos destrozos no Parque das Pedrosas de Xullo e Decembro. Os tres colectores estaban situados na rúa do Parque e onte os operarios municipais procederon a retirar os restos.

en Silleda queiman tres colectores de lixoAo fío das 03:00 horas detectábase un incendio na rúa do Parque, preto da intersección ca rúa Ramón de Valenzuela, no que arderon por completo tres colectores de lixo, un de orgánico, outro amarelo para a selectiva e un de vidro. O lume afectou tamén a un colector de papel-cartón, que non chegou a arder de todo e que se reparará en canto sexa posible.

Ata o lugar achegáronse efectivos do Parque Intercomarcal de Bombeiros e tamén da Garda Civil.

en Silleda queiman tres colectores de lixoO alcalde Manuel Cuiña lamentaba o sucedido “É lamentable que alguén intencionadamente prenda lume contra o mobiliario urbano, creando situacións de perigo e atentando contra elementos públicos, que son de todos”.

en Silleda queiman tres colectores de lixoDe momento as pescudas da Garda Civil e da Policía Local de Silleda, que na xornada do domingo acudiu xa a primeira hora ao lugar dos feitos, non deron os seus froitos.

Dende o Concello apélase tamén á colaboración cidadá para tratar de dar co responsable ou responsables destes graves actos vandálicos.

en Silleda queiman tres colectores de lixo

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial