займ срочно

Silleda comeza a implantación da administración electrónica

0

Silleda, 7 de xuño do 2017 – O Concello de Silleda inicia hoxe o proceso para a implantación da Administración Electrónica coa colaboración da Deputación de Pontevedra dentro do plan previsto para concellos de menos de 40.000 habitantes.

Hoxe será presentada en Silleda a ferramenta Gestiona, da entidade Espúblico, coa que se impartirá a formación ao persoal municipal.  Unha vez realizada esta presentación iniciarase o proceso para realizar consultarías por departamentos e proceder á formación dos funcionarios.

Esta nova forma de tramitación cambiará o sistema de traballo na entidade local, así coma o xeito de relacionarse cos usuarios, que con esta ferramenta poderán realizar unha serie de trámites dende dispositivos móbiles.

A  Lei 39/2015, de 1 de outubro, do  procedemento administrativo común das Administracións Públicas regula o  dereito da cidadanía a relacionarse coas distintas Administracións públicas a través de medios telemáticos. O proxecto de Administración electrónica para os Concellos contempla a implantación, parametrización e posta en marcha dos módulos que forman parte deste servizo. Así, poñerase a disposición do persoal técnico de Silleda un sistema de xestión dixital de expedientes, así como unha sede electrónica para os cidadáns.

“A Administración electrónica é un paso necesario que agora damos na modernización do Concello, tamén coa axilización de trámites como un dos obxectivos”, indica o alcalde, Manuel Cuiña

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies