Silleda adquire dúas casetas de madeira para a celebración de eventos

0

Silleda, 6 de decembro do 2018 –   O Concello de Silleda, a través da Concellería de Cultura, vén de adquirir dúas casetas de madeira para utilizar en distintos eventos e que serán estreadas no Nadal.

As casetas están xa colocadas no entorno da praza da Igrexa onde se celebrarán en distintas actividades durante as próximas festas. A estrea terá lugar o vindeiro mércores día 12 coa celebración da II Feira da Alegría, que organiza o CEIP de Silleda. A cita, de 09:30 a 13:30 horas contará coa venda de obxectos, a maioría feitos polo alumnado con materiais reciclados. Os fondos destinaranse ao igual que o pasado ano a unha entidade benéfica. En caso de choiva a celebración da feira trasladaríase á Casa da Cultura.

Así mesmo, a partir da semana do 16 as casetas prestarán tamén apoio loxístico a Cáritas, entidade que nos últimos anos ven organizando o certame Dulce Navidad. A intención é colocar nestes dous puntos, así coma no kiosko sito nas inmediacións da praza, agora de propiedade municipal, un espazo expositivo monográfico. Dulce Navidad voltará á praza da Igrexa de Silleda, do 21 ao 23 próximos, coa venda de produtos e a celebración este ano dun certame de panxoliñas no marco desta celebración coa que volve colaborar o Concello de Silleda.

“A adquisición destas casetas desmontables permitiranos disponer tamén nun futuro de material de apoio e loxístico para distintos eventos, tanto municipais como organizados por colectivos e nos que teñan encaixe este tipo de instalacións”, indica a concelleira de Cultura, Ana Luisa González, que supervisou xunto co alcalde, Manuel Cuiña,  e a concelleira de Educación a súa instalación.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial