Silleda adxudica a mellora de camiños en Laro e Parada

0

Silleda, 12 de decembro do 2018 – O concello de Silleda ven de adxudicar o proxecto Mellora de Camiños de Titularidade Municipal en Laro e Parada, licitado mediante procedemento aberto e en trámite de urxencia nos últimos días.

A mesa de contratación, que se reuniu esta semana en primeira sesión, procedeu onte a apertura do último sobre das dúas ofertas que se presentaron ao proceso. Finalmente a mellora de camiños en Laro e Parada adxudicouse por un total de 73.306,64 euros, IVE incluído. Esta inversión, que se acometerá con cargo a dúas anualidades, esta cofinanciada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e polo propio concello.

Zona de Laro

Actuarase en viais das parroquias de Parada, onde se mellorará o tramo que vertebra esta localidade, dende O Cruceiro á Casanova e un pequeno tramo dende este último lugar ata Barro; e de Laro, na pista que vai dende Freixeiro a Forcas, con algo máis de 1 kilómetro.

Zona de Parada

A execución dos traballos ten un prazo de máximo de dous meses. Con esta actuación dende o Concello de Silleda búscase mellorar a extensa rede de camiños municipais no territorio. Nesta mesma semana tamén se fará público o plan de actuación noutras pistas municipais que se executará en varias parroquias a través de fondos do Plan Concellos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial