Silleda, 4 de outubro do 2018 – O Concello de Silleda a través dos departamentos de Deportes e de Obras e Servizos está realizar estes días distintos os traballos de mellora no campo de fútbol de Agronovo, en Laro.
Os traballos de mellora en Agronovo foron executados en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Picouse o terreo de xogo e dotouse de area para lograr mellores condicións de drenaxe e filtración de auga no campo. Por outra banda fixéronse distintas melloras nos vestiarios do campo.
A concelleira de deportes, Ana Luísa González, explica que “Con esta actuación, que levaremos a cabo nos vindeiros días tamén no campo de Mularedos, en Lamela, queremos mellorar as condicións destes campos de herba natural para mantelos nas debidas condicións”.