Silleda reporá o alumeado en Chousa Grande e Esmorga da Bandeira

0

O cable de todo o tramo, con preto de 1.000 metros, fora sustraído ao igual que o da Mera, que xa se repuxo en abril polo concello de Silleda

Reposición de alumeado en SilledaSilleda, 16 de novembro do 2016-.  O Concello de Silleda iniciará o vindeiro venres o traballo de reposición do alumeado nos tramos das rúas Chousa Grande e Esmorga, na vila da Bandeira. Estas dúas rúas estaban sen servizo de alumeado, logo de que no ano 2013 os ladróns sustraeran todo o cable. Operarios municipais procederán a finais de semana a iniciar os traballos para colocar preto de 1.000 metros de cableado en Chousa Grande, tarefas necesarias para o funcionamento das luminarias.

Esta circunstancia afectaba tamén á rúa Esmorga, adxacente a este tramo. Os danos valoráronse daquela en máis de 6.000 euros. Dende o Concello de Silleda, o alcalde, Manuel Cuiña, lembra que ademais do roubo do cable o retraso do alumeado nesta zona tamén veu motivado polos problemas existentes no seu día con Hidroeléctrica, á que houbo que pagar 15.000 euros por novas altas. “Xusto despois de abonar esa débeda, o inoportuno roubo do cable frenou daquela a dotación do alumeado nesta zona da Bandeira”, indica Cuiña.

Agora, e continuando coas tarefas de mellora no alumeado público e no marco do plan de aforro enerxético posto en marcha polo goberno municipal, estas dúas rúas da Bandeira “por fin contarán con alumeado”, engade o rexedor.

Cuiña, que se achegou hoxe ata a zona co concelleiro de Obras e Servizos, Klaus Brey, e personal técnico municipal, lembra que o Concello xa acometeu o pasado mes de abril a reposición do cable na recta da Mera, onde os ladróns tamén sustraeran todo o cableado hai tempo.

Neste caso a reposición acometeuse o pasado mes de abril, coa dotación doutros 2.000 metros de cable.

A da Bandeira era unha das actuacións pendentes que quedará solventada nos próximos días. “Agora daremos resposta a esta xusta demanda dos veciños e usuarios, completando tamén o servizo nunha zona moi traansitada pola xente que a diario pasea pola contorna da Bandeira”, apunta o alcalde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial