займ срочно

Silleda analiza a resolución da Xunta sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal

0

Silleda, 18 de xaneiro do 2019 –  A sala de Xuntas do Concello de Silleda acolleu a reunión anunciada en días pasados para analizar a resolución da Dirección Xeral de Territorio pola que se denega a aprobación definitiva do Plan Xeral.

O alcalde, Manuel Cuiña, reuniuse cos técnicos municipais e co redactor do Plan Xeral para analizar todas as peticións que se formulan en dita resolución. Dende o Concello de Silleda xa se está a traballar en cuestións como a inscrición das traídas de augas, mentres se agarda que o informe sectorial de Telecomunicacións volva remitirse en breves datas.

“Ademais desta cuestións nas que xa se está a traballar a orden recolle peticións que vemos inviables e que consideramos que non son razoables, como a redución do solo urbanizable no rural”, indica o alcalde, Manuel Cuiña. O alcalde tamén amosou o seu total desacordo cos prazos dos informes de Patrimonio “que chegou tres anos despois de ser solicitado, cando tiñan tres meses, e cando xa se daba por aceptado que se vía favorable por silencio administrativo”.

Para Cuiña “Está claro que nos seguen enredando, pero continuaremos traballando para que o Plan Xeral de Silleda, o gran reto deste municipio, poida ser aprobado no menor prazo de tempo posible”. O rexedor avanza que ata que se remate co traballo da inscrición das traídas das augas e  mentres non chegue o informe de Telecomunicacións, non se volverá a solicitar unha reunión con responsables autonómicos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies